21 de Marzo "Día Internacionoal dos Bosques"

Investiga, explora, marabíllate e aprende sobre os bosques. Os bosques son parte da túa vida de máis xeitos do que crees

Cando bebemos un vaso de auga, escribimos nun caderno, tomamos menciñas para a febre ou construímos unha casa, non sempre relacionamos estas accións cos bosques. Sen embargo, istos e moitos outros aspectos da nosa vida están vinculados aos bosques dunha maneira ou doutra.
"Os bosques son fundamentais para combater o cambio climático, moi importantes polo tanto para o noso presente e futuro"

Bosques e educación. Debemos aprende a amar o bosque

Cada 21 de marzo, as Nacións Unidas rinden homenaxe á importancia de todos os tipos de bosques e intentan xerar unha maior conciencia ao respecto. Este ano, o Día Internacional dos Bosques destaca a educación como un medio indispensable para aprender a amar o bosque, e apunta a súa importancia para lograr unha xestión sostible das zonas forestais e avanzar na conservación da biodiversidade.
Este é o noso obxectivo a través do traballo do "Noso Monte":
-Coñecer os nosos bosques e mantelos sans é fundamental para o futuro.
- Sempre podemos aprender moito das árbores
Todo o coñecemento tanto o moderno como o tradicional é esencial para manter os montes sans

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Adbox