O Alto dos Xenerais de Bandeira é un espectáculo moi destacado dentro do Entroido tradicional da comarca do Ulla. Os Xenerais van montados a cabalo, disfrazados con vistosas vestimentas militares similares ás das Guerras Carlistas.
O Entroido da Ulla ten as súas oríxes na primeira metade do século XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese século: A invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas. Así os seus principais protagonistas son vistosas figuras que recrean estos momentos históricos.
Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do Entroido tradicional galego.
Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do Entroido tradicional galego.
En vista do seu altísimo interese, en setembre do 2013 foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
Este foi o noso punto de partida. O traballo da oralidade, a creación de arengas, intercambiar distintas formas de ver o Entroido nunha mesma zona. Empezamos a investigar e creamos un documento sobre o Entroido de Bandeira para intercambiar experiencias cos compañeiros do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario